19 nov 2009

Novidades no traductor de Google.






Google é un sistema operativo inmobador. Saca ó mercado novos diseños, formatos e comodidades continuamente. Google fai tempo que ten un traductor automático, pero agora a isto hai que sumarlle a capacidade de traducir mentras se escribe. Con todo isto Google tamén lee en voz alta e ten un gran abano de posibilidades entorno ao idioma elixido sobre uns 51 idiomas e unhas 1550 combinacións de difecentes idiomas. Pero como todo ten un inconvinte, o noso teclado non ten os signos dalgúns idiomas e Google traduce o que nos escribimos.
A parte das novidades que destacan en Goolge tamén destacan  problemas. Un dos últimos enfrontamentos foi coa comisión suiza qu denunciou a Google ante a Xusticia, a causa foi a proteción de datos de Red.
Street View recomentou a Google sacar determinadas fotos xa colgadas que atentaban contra a privacidade , por exemplo son as fotos sacadas detrás dun muro. Google non tomou conciencia das recomendacións deixando as imaxes colgadas e defendendose  cos criterios de que o servicio cumpria coa legalidade e que que en ningún momento se podían destinguir matrículas nin outros datos persoais nas citadas imaxes.
Información recollida de el país dixital e a fotografía de Google imaxes

8 nov 2009

O futuro dos números de móvil.


No ano 2007 entrou en vigor a Lei de Conservación de datos, na cal todos os clientes de tarxetas prepago teñen que decalar os seus datos. Temos o deber de dar todos os datos cos que se poida saber a orixe dunha chamada e o destino. O seu obxetivo principal e terminar con delitos como o narcotráfico e o terrorismo. As compañias operadoras (Redtel) aínda que apartir deste luns quedaran cortadas as liñas telefónicas non identificadas pediron o ministerio de interior un plazo de seis meses para que todo aquel que nese período identificase a titularidade recuperara a liña. O ministro Pérez Rubalcaba explicou que o goberno dera esa marxe por falta de información nas persoas maiores e xóbenes. A mesma explixación que deu a directora de Redtel  representante de Vodafone, Movistar, Orange e Ono  tres días antes de que rematara o prazo para rexistrar os datos. Expresou o porque de pedir máis tempo para persoas pouco informadas, pois así evitaríanse moitas molestias despois de ver que aínda quedan catro millóns de lineas sen identificar. Isto en realidade servirá para acabar co terrorismo ou co narcotráfico? É todo o que podemos facer para acabar con todo elo? A verdade é que parece moi dificil pensar que vaia desaparecer todas estas desgrazas, pero non nos podemos quedar de brazos cruzados. Ó mellor non se consegurá nada ou poida que si co paso do tempo, iso aínda non se sabe teremos que esperar ós resultados.
Información recollida do Suplemento de tecnoloxía do diario "El Mundo" , e a fotografía de google imaxes.

Internet: solución e problema para o periodismo.

Existe un importante debate que de certa maneira nos afecta a todos. Internet en paises nos cales existe a liberdade de expresión é unha das ferramentas máis usada para estar informados. O problema aparece noutras partes do mundo como en occidente no cal internet solo é unha mera ameaza. Pedro J. Ramírez (director do diario El Mundo) afirma que non é o mellor modo para que o bo periodismo se realice como se ven realizando dende fai tantísimos anos. Parece unha contradición o que sucede: para unhas persoas é darlle renda libre ó coñecemento de información en todos e cada un dos ámbitos que desexe, pero tamén unha barreira para o dereito da información, un dos principais enemidos da verdadeira e boa información co cal nos podemos encontrar con afirmacións falsas que poder chegar a provocar grandes problemas e conflictos. Isto só e a cima do iceberg, a cuestión está en si se pode permitir todo tipo de información sen contrastala e sen ter fontes verdadeiras. A información desta noticia foi recollida xunto coa fotografía aquí presenta no Navegante El Mundo

Nova asociación de Microsoft e Yahoo.


O pasado 27 de outubro era a data final do acordo entre Microsoft e Yahoo no cal remataría a labor de traballar xuntos en buscas e ventas en internet. Agora existe unha nova data, nun principio o tempo de vencemento dos tratados está preparado para o comezo do vindeiro ano, no cal Microsoft poderá ter dereito ao buscador de Yahoo mentres que este obterá 88% de ingresos por anuncios tendo dereito a venda de anuncios en lugares de Microsoft. Aínda se están ultimando detalles para que todo funcione como se ten previsto. Agora é cando comeza o debate: é unha boa idea que estas grandes empresas traballen xuntas? obtiberon facilidades para os visitantes? ou polo contrario, a xente non lle motiva nin lle intusiasma que sigan xuntos?

6 nov 2009

Os sistemas operativos

Aquí vos deixo unha presentación sobre os sistemas operativos que eu mesma fixen na clase de TIC.