Mostrando entradas con la etiqueta Ordenadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ordenadores. Mostrar todas las entradas

8 nov 2009

Internet: solución e problema para o periodismo.

Existe un importante debate que de certa maneira nos afecta a todos. Internet en paises nos cales existe a liberdade de expresión é unha das ferramentas máis usada para estar informados. O problema aparece noutras partes do mundo como en occidente no cal internet solo é unha mera ameaza. Pedro J. Ramírez (director do diario El Mundo) afirma que non é o mellor modo para que o bo periodismo se realice como se ven realizando dende fai tantísimos anos. Parece unha contradición o que sucede: para unhas persoas é darlle renda libre ó coñecemento de información en todos e cada un dos ámbitos que desexe, pero tamén unha barreira para o dereito da información, un dos principais enemidos da verdadeira e boa información co cal nos podemos encontrar con afirmacións falsas que poder chegar a provocar grandes problemas e conflictos. Isto só e a cima do iceberg, a cuestión está en si se pode permitir todo tipo de información sen contrastala e sen ter fontes verdadeiras. A información desta noticia foi recollida xunto coa fotografía aquí presenta no Navegante El Mundo

Nova asociación de Microsoft e Yahoo.


O pasado 27 de outubro era a data final do acordo entre Microsoft e Yahoo no cal remataría a labor de traballar xuntos en buscas e ventas en internet. Agora existe unha nova data, nun principio o tempo de vencemento dos tratados está preparado para o comezo do vindeiro ano, no cal Microsoft poderá ter dereito ao buscador de Yahoo mentres que este obterá 88% de ingresos por anuncios tendo dereito a venda de anuncios en lugares de Microsoft. Aínda se están ultimando detalles para que todo funcione como se ten previsto. Agora é cando comeza o debate: é unha boa idea que estas grandes empresas traballen xuntas? obtiberon facilidades para os visitantes? ou polo contrario, a xente non lle motiva nin lle intusiasma que sigan xuntos?

6 nov 2009

Os sistemas operativos

Aquí vos deixo unha presentación sobre os sistemas operativos que eu mesma fixen na clase de TIC.